GALEGOESPAÑOLENGLISH
    HISTORIA

Ourense foi sempre terra de emigrantes  e cineastas -ou de emigrantes cineastas- e sempre estivo vinculada ao cinema grazas a labor de moitos importantes directores de cinema ourensáns, tamén emigrantes, como foron Carlos Velo ou Antonio Román entre tantos outros.
Ourense foi pioneira en Galicia, a mediados dos anos 70, coa organización das "Xornadas de Cine", de toda unha movilización que daría os seus froitos más tarde. As "Xornadas" permitiron ao público de Galicia ver por primeira vez producións non soio de fóra do país, sino da propia Galicia, rodadas en 16 mm case na clandestinidade, así coma producións non estreadas comercialmente e mesmo censuradas. A organización desta actividade, que durou ata os anos oitenta, foi a semente para o nacemento do cinema galego.

No ano 1996 retomouse ese espírito e creouse o Festival de Cinema Independente de Ourense/ Ourense Film Festival (OFF) unha iniciativa promovida polo cineasta Eloy Lozano, que abriu a porta á promoción do cinema galego e á exhibición de películas de orixe europea e internacional.
O impulso definitivo, debeuse ao Concello de Ourense, e completouse en 1988 coa creación do "Consorcio do Festival de Cinema Internacional de Ourense", integrado polo Concello e a Deputación de Ourense.

Co concurso de moitas outras institucións asociadas, patrocinios e colaboradores.