![]() |
||||||
![]() |
||||||
| O FESTIVAL PROGRAMA EVENTOS ESPECIAIS PROFESIONAIS PRENSA OURENSE CONTACTO ![]() |
REINVENTANDO UN FESTIVAL
Un festival con raíces en Galicia-Europa con vocación de viaxe americana, como a propia historia de Galicia foi un festival tamén con profundos lazos lusófonos por historia e lingua compartidas. Facilitar o acceso á información e ao coñecemento das obras máis significativas do cine e o audiovisual do universo europeo e iberoamericano e servir de punto de encontro para o desenvolvemento do audiovisual de calidade dos dous lados do Atlántico constitúen o obxectivo máis prezado. Sobre estas bases, a 12 edición do Festival nace co sinxelo e democrático propósito de ser foro de debate e discusión para todos os profesionais e institucións de Galicia, España, Europa e Iberoamérica onde se reinvente o festival que todos necesitamos en Galicia ao servizo de cidadáns, creadores e profesionais desta era audiovisual, tan dixital por certo. Agardamos
que este 12 Festival de Cine Internacional de Ourense, sexa un
frutífero foro de debate, un gran caldeiro de novas ideas e de
reinvención de conceptos para todos, profesionais, amantes do
cine de Orense e Galicia que, xunto cos colegas do cine e do
audiovisual de todo o mundo que nos visitan, entrelacen as súas
ideas e gocen da nosa cultura, dos nosos viños e comida, e dos
saudables beneficios termales de Ourense. Enrique Nicanor |
PERFIL DO FESTIVAL A XII edición do Festival de Cine Internacional de Ourense celébrase do 17 ao 14 de Novembro de 2007. O Festival de Cine Internacional de Ourense presenta anualmente unha selección das producións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia e de todo o mundo entre ficción de longametraxe, documentais de creación e curtametraxes de todos os xéneros. Definido como un festival para ofrecer unha plataforma de actividade e desenvolvemento ao cine e audiovisuais independentes, o Festival de Cine Internacional de Ourense pon o seu acento en tres obxectivos: 1- Dar visibilidade, servindo como plataforma de traballo promocional, ante o público e os profesionais, das obras cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e controvertidas, producidos en Galicia e no resto do mundo, que contribúan o entendemento mútuo de todas as culturas. 2- Servir como punto de encontro de Galicia entre Europa, Iberoamérica e o resto do mundo, para a formación, desenvolvemento, co-produción e distribución do audiovisual galego e internacional. 3- Ofrecer unha plataforma de traballo para o desenvolvemento e difusión da cinematografía e ao audiovisual de ámbito galego-lusófono. |
||||
![]() |
||||||