![]() |
||||||
![]() ![]() ![]() |
||||||
![]() |
||||||
| EL FESTIVAL PROGRAMA EVENTOS ESPECIALES PROFESIONALES PRENSA OURENSE CONTACTO |
HISTORIA
Ourense é terra de cineastas e sempre estivo vinculada ao cinema grazas a importantes directores de cinema ourensáns, como Carlos Velo e Antonio Román. Ourense foi pioneira a mediados dos 70 coa organización das "Xornadas de Cine", todo un referente para a historia da Sétima Arte de Galicia. Estas "Xornadas" permitiron ao público ver por primeira vez producións de Galicia rodadas en 16 mm case na clandestinidade, así como producións non estreadas comercialmente e mesmo censuradas. A organización desta actividade, que durou ata os anos oitenta, foi o xerme para o nacemento do cinema galego. No ano 1996 retomouse ese espírito e creouse o primeiro Festival de Cinema Independente de Ourense/ Ourense Film festival (OFF) unha iniciativa promovida polo cineasta Eloy Lozano, que abriu a porta á promoción do cinema galego e á exhibición de películas de orixe europea e internacional. O impulso inicial, debeuse ao Concello de Ourense, e completouse en 1988 coa creación do Consorcio do Festival de Cinema de Ourense, integrado polo Concello e a Deputación de Ourense. |
NUEVO IMPACTO DEL FESTIVAL
O
Festival de Cine Internacional de Ourense inicia a carreira para ser un
dos máis relevantes eventos cinematográficos que se
celebra na comunidade galega, e colocarse durante a súa
celebración no primeiro plano da actualidade cultural de
Galicia. De momento esa e a nosa dimensión. Xa e bastante, a diferencia de cando non había nada. Mais chegaron os tempos de abrir as portas, de reinventar e procurar que o
Festival de Cine de Ourense trascenda as suas fronteiras para
formar parte da familia internacional de eventos audiovisuais, de
España, dos nosos veciños de lingua e historia, Portugal
e Iberoamérica e sin dúvida de Europa. Este
ano, ca chegada de un novo equipo, o
Festival ofrece unha selección do máis innovador e
experimental do cine internacional, mixturado ca producción
más destacada feita en Galicia durante o ano 2006-2007. Pero o
impacto do Festival non se verá sólo nas
proxeccións dos grandes films, sino tamén nas curtas y
documentais feitos polas novas xeneracións de cineastas que
exploran os novos medios e nas mesas de debate aberto, nos encontros e
na propia reinvención democrática do Festival. Materiais todos para a reflexión, reflexión como espectadores, e reflexión para os profesionais que acudindo a este punto de encontro cinematográfico que e Ourense, poderán participar dos debates e das iniciativas de creación do propio festival, para que poda crecer e convertirse en ferramenta e motor do arte e da industria cinematográficas de Galicia, servindo tamén para descubrir o millor das outras culturas do mundo. |
||||
![]() |
||||||