GALEGOESPAÑOLENGLISH
 
HISTORY of the FESTIVAL

The city and province of Ourense was connected to cinema thanks to pioneer filmakers such as Carlos Velo and Antonio Román, who produced their original films at the beginning of the XXth century.

Ourense foi pioneira a mediados dos 70 coa organización das "Xornadas de Cine", todo un referente para a historia da Sétima Arte de Galicia. Estas "Xornadas" permitiron ao público ver por primeira vez producións de Galicia rodadas en 16 mm case na clandestinidade, así como producións non estreadas comercialmente e mesmo censuradas. A organización desta actividade, que durou ata os anos oitenta, foi  o xerme para o nacemento do cinema galego.

No ano 1996 retomouse ese espírito e creouse o primeiro Festival de Cinema Independente de Ourense/ Ourense Film festival (OFF) unha iniciativa promovida polo cineasta Eloy Lozano, que abriu a porta á promoción do cinema galego e á exhibición de películas de orixe europea e internacional. O impulso inicial, debeuse ao Concello de Ourense, e completouse en 1988 coa creación do Consorcio do Festival de Cinema de Ourense, integrado polo Concello e a Deputación de Ourense.