Gran
Premio do Xurado:
Tren de Sombras, de José Luis Guerín (España)
Gran
Premio do Público:
Decaf, de Greg Huson (EE.UU.)
Mención
especial do xurado:
Winterblume, de Kadir Sözen (Alemaña/Turquía)
HOMENAXES
HOMENAJE
A ANTONIO CASAL
Nacido
en Santiago de Compostela en 1910, Antonio Casal foi
un dos máis característicos galáns
da comedia cinematográfica española dos
anos corenta e cincuenta, conformando un auténtico
tipo que ten na súa orixe unha forte relación,
ademais, coa pluma do tamén galego Wenceslao
Fernández Flórez. A segunda edición
do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense
dedicoulle unha homenaxe ó protagonista de El
hombre que se quiso matar ou Huella de Luz coa publicación
do libro Antonio Casal, comicidad y melancolía,
que inclúe diversos artigos sobre o seu traballo;
unha mesa redonda na que participaron a súa filla
María Casal e os historiadores José Coira,
Juan Miguel Company e José Luis Castro; e a proxección
dun dos seus títulos máis destacados,
a insólita La Torre de los Siete Jorobados, dirixida
en 1944 por Edgar Neville.